carballeira

Lugar poboado de carballos.

Etimoloxía

Substantivo derivado sobre o termo carballo de procedencia escura, que podería vir da voz prerromana carba.

Exemplos *

"A romaría e o xantar celébranse nunha fermosa carballeira, pero o máis interesante é a batalla entre mouros e cristiáns ó pé dun pequeno castelo" (Suso Varela: Galicia Internacional 8-1995)

"A Festa da Carballeira en Zas (A Coruña) é unha romaría na que, despois de múltiples actuacións folclóricas, se reparten viño, empanadas e queimada entre os asistentes." (Mariano García e Fina Casalde rrey: Festas gastronómicas de Galicia)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.