carballesa

Baile solto, semellante á muiñeira, no que “tradicionalmente” o home marca os puntos que despois repite a muller conxuntamente con el

Etimoloxía

Palabra de orixe toponímica porque é unha danza do val de Barcala e do Carballiño.

Exemplos *

“En clara relación cos traballos agrícolas e tradicionais, cantaban cántigas de segada, volta da segada, na malla, pastorelas, alboradas, romances... E tamén danzaban a carballesa e o paseado.” (José Rodríguez Cruz: Trazos sobre a vestimenta tradicional no surleste de Ourense, 2004)

“Cántigas de divertimento, das que podemos facer dúas castes, a segundo sexan ou non pra acompañar o baile. Entre as primeiras temos as muiñeiras, ribeiranas, fandangos, carballesas, etc. e moitas veces as pandeiradas e cántigas de pandeiro. Entre as segundas as alboradas, alalás, cántigas de regueifa e desafío, folía.” (Vicente Risco: Etnografía: Cultura espiritual (Historia de Galiza), 1962)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.