carballiza

Carballo novo

Etimoloxía

Vocábulo que se crea tendo como base “carballo” de procedencia escura, que podería vir da voz prerromana *carba.

Exemplos *

“Olla a folla nova e os rebentos das carballizas ciscadas aquí e acolá. Mira para o inmenso val herboso e imaxina as corredoiras, os camiños e os pousos, cada arró que sempre houbo.” (Anxo Angueira: Pensa nao, 1999)

“Alá lonxe, na divisoria de Portugal, asexaba o picouto de Penagache, mesto de carballizas e de toxos arnaus.” (Celso Emilio Ferreiro: A taberna do galo, 1978)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.