carboeiro

(parus major) Paxaro pequeno da familia dos páridos, de cabeza e pescozo negros, fazulas brancas, peito, barriga e caluga amarelos, lombo verdoso e ás cinsentas e brancas

Etimoloxía

Palabra que deriva destoutra,“carbón”, que bebe da latina carbone de significado semellante.

Exemplos *

“Para esta e outras especies de aves como os merlos ou os carboeiros, a cidade ofrece máis vantaxes que inconvenientes: menos predadores con ás, temperaturas máis altas, luz artificial, e maiores cantidades de alimento, entre outros.” (Axencia: GCiencia. O portal da ciencia galega, 12-2014)

“A investigación utilizou tecnoloxía de imaxes térmicas para medir a temperatura da superficie corporal dun pequeno paxaro cantor, o carboeiro común, cando se enfronta a unha escaseza temporal de alimentos.” (E.P.: La Opinión, A Coruña, 22-4-2020)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.