carbón

Pau delgado dunha madeira lixeira carbonizada que se utiliza para debuxar.

Etimoloxía

A súa orixe está no nome latino do carbón, carbo, -onis.

Exemplos *

“… daquel enterramento que el non quixo ocupar, só queda un mal debuxo a carbón, un esbozo a man alzada que ben podería ser unha recreación, en parte imaxinaria …” (Ramón Loureiro: O corazón portugués)

“A exposición recolle un total de 26 fotografías en branco e negro que parecen mesmo debuxos feitos como a carbón“, explica o fotógrafo Vari Caramés.” (O Xornal de Galicia 07-11-2010)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.