Gabia ou escavación profunda producida no terreo polas correntes de auga das arroiadas
Etimoloxía
Palabra que bebe no latín caccabum ‘ola’.
Exemplos *
“O can palleiro, un dos poucos que pasean con garbo e donaire a súa estampa nas congostras e cárcavas do país, sabe que as horas pasan e que lle quedan poucos ósos que roer.” (Xosé Carlos Caneiro: Un xogo de apócrifos, 1998)
“Neste momento non transitamos por un camiño tradicional, senón que se trata dunha pista de terra que seguramente permitirá a comunicación rodada entre localidades, xa que o seu substrato non presenta cárcavas excesivamente grandes nin tampouco moita pedra solta.” (Ignacio González: O Correo Galego, 14-10-2001)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.