cardar

Peitear o cabelo de xeito que quede máis esponxoso e con máis volume.

Etimoloxía

En xeral admítese que se formou a partir de cardo, tomado do latín cardus, –us, xa que se peiteaba a la coa cabeza desta planta.

Exemplos *

"Pareceulle ver á nai, cun mandil branco impecable e coqueto, que puña con coidado para non desfacer o  cardado do peiteado, en plena acción, concentrada no traballo culinario." (Mª Xosé Queizán: Ten o seu punto a fresca rosa)

"…aquela noite Rosa cardou no pelo cun agarimo que reservara sempre para o da filla, cepillou calmosamente os cabelos." (Manuel Rivas: En salvaxe compaña)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.