cárdigan

Chaqueta de punto, xeralmente con escote en forma de uve

Etimoloxía

Palabra tomada do inglés ‘cardigan’ e este aluda ao sétimo conde de Cardigan que usaba unha prenda de punto similar.

Exemplos *

“Mentres tento cubrir a saudade co cárdigan verde de entretempo e un chisco de optimismo, Herminia abre o seu bolso peruano e saca as chaves do coche. Entrégamas cun sonoro tinguilear que me estremece o corpo todo.” (Eli Ríos e Elías Portela: “O lado esquerdo do devezo" en Nós Diario, 20-08-2019)

“A moda outono inverno para home volve á vista atrás parar revisar as tendencias que fixeron furor nos setenta. Así, firmas coma Prada propoñen blazers moi acicalados, pantalóns lixeiramente acampanados, chaquetóns e chaquetas cruzadas, suéters axustados de longo xusto debaixo do embigo e cárdigans con cintos.” (Ana Iglesias: Galicia Hoxe, 07-11-2010)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.