cardo

Planta herbácea silvestre con follas e inflorescencias espiñentas da cal existen varias especies.

Etimoloxía

Tomouse da denominación aplicada en latín, cardus –us.

Exemplos *

“Por onde pasan os exércitos, reprodúcense espiñeiros e cardos e a miseria faise visíbel.” (Vitorino Pérez Prieto: A Nosa Terra 14-02-2006)

“O xardín das delicias, recinto do que Adán foi dono, ten as murallas de pedras preciosas, construídas sen traballo ningún, dunha soa peza. Nin cardos nin silveiras nin ortigas poden prosperar: entre as árbores e as plantas non hai nada que non espalle dozura.” (Fina María Antón e Manuel Mandianes: O ciclo da vida)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.