carena

Parte do casco do barco que permanece normalmente somerxida.

Etimoloxía

Procede da palabra latina carina 'quilla da nave'.

Exemplos *

"Atrás quedaba o enorme buque inclinado, xirando lentamente sobre si mesmo, asomando a carena pintada de minio coma unha víscera, atraído con forza polo abismo do Océano." (Miguel Anxo Murado: Mércores de cinza)

"… cando aínda non empezara a picar a calor, era o tempo das remadas delongadas.

Ademais as ondas batendo contra a carena, chop, chop, animábano." (Xosé Manuel Martínez Oca: Beiramar)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.