careta

Obxecto de papel ou de plástico que representa unha cara grotesca e que se utiliza para cubrir e ocultar o rostro.

Etimoloxía

Formouse sobre cara, voz da que non se coñece con seguridade a orixe.

Exemplos *

"Como deben ser as caretas e a vestimenta dos personaxes vai dabondo indicado nas ilustracións, pero cómpre dar algunhas ideas aclaratorias." (Castelao: "Indicacións" de Os vellos non deben de namorarse)

"Un activista de Greenpeace cunha careta de Bush durante unha demostración ecoloxista fronte a embaixada estadounidense en México." (Galicia Hoxe 18-02-2005)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.