Sensación de peso ou malestar que se sente na cabeza debido á acción da gripe, catarro etc.
Etimoloxía
Deriva de cargar, procedente do latín vulgar carricare, orixinado á súa vez a partir da voz carrus 'carro', forma latina de orixe céltica.
Exemplos *
"Duchouse en auga fría, loitando por afastar de si a cargación que non a deixaba moverse, e vestiuse ás carreiras." (Agustín Fernández Paz: O centro do labirinto)
"… augas hiposalinas e ferruxinosas, boas para combate-lo cansazo, a anemia e mailo abafo provocado pola cargación nerviosa ou laboral." (Antón Pombo: O Correo Galego 2005-05-12)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


