cariátide

Estatua de figura feminina que se utiliza como columna.

Etimoloxía

Tomouse do grego karuátides, en alusión ás mulleres de Caria que, despois da destrución da cidade, foron prisioneiras e serviron de modelo ás columnas.

Exemplos *

“"Ti tes que ser libre", repetía para os meus adentros mentres contemplaba a serena beleza dun capitel decorado co belo rostro dunha cariátide.” (Alberto Canal: Conexión Tubinga)

“Xa na entrada daquel grandioso domicilio observou as cariátides que ornaban a entrada.” (Román Raña: O crime da rúa da moeda vella)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.