Demostración de cariño que se lle fai a unha persoa ou animal pasándolle suavemente a man pola pel ou polo pelo
Etimoloxía
Palabra que atopamos no italiano dialectal carizze, variante de carezza, que, á súa vez, é un vocábulo derivado de caro 'querido'.
Exemplos *
“Agora comprendía por que nas escasas ocasións en que se achegou á súa nai para intercambiar un bico ou unha caricia, sempre cheiraba a naftalina.” (Francisco Galván: As crendas de San Porfirio. Diario terapéutico dun esquizofrénico, 2012)
“A traizón amorosa semella máis aceda pola covardía deste silencio insoportable: unha eiva non asumible. Nin sequera tiven o consolo dunhas caricias frías.” (Xerardo AgraFoxo: O violinista de Malá Strana, 2008)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.