carioca

Pescada pequena

Etimoloxía

Palabra de orixe controvertida.

Exemplos *

“Ninguén o viu, pero foi evidente: saíu preñada da ribeira cunha cesta na cabeza, e chegou á aldea da montaña cunha nena acabada de parir, deitada enriba de chinchos, fanecas e cariocas.” (J.A. Xesteira: Contos de familia / Adelaidiña e as cascas de ovos, 2005)

“Sentou ao fondo, xunto a dous estibadores que coñecía doutras veces. Pediu zamburiñas e cariocas. En homenaxe ao seu axudante, acompañou o peixe con ensalada.” (Domingo Villar: A praia dos afogados, 2009)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.