carlinga

Espazo interior dun avión destinado aos pasaxeiros e á tripulación.

Etimoloxía

Chegou desde o francés, pero procede dun forma antiga escandinava kerling, que orixinariamente significaba ‘muller’ e pasou a aplicarse para a ‘parte da quilla onde se fixa o mastro’.

Exemplos *

“Facíalle buratos diminutos na fuselaxe, na hélice e na carlinga!” (Teresa González Costa: A filla do ladrón de bicicletas)

“… recuperaran xa 16 cadáveres das augas do mar Negro e varios fragmentos da fuselaxe do Tupolev-154, entre eles parte da carlinga e unha das portas.” (O Correo Galego 07-10-2001)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!

Cubre a enquisa aquí