carnaval

Período de tres días que precede á Coresma, no que se celebran unhas festas populares con máscaras, comparsas, bailes etc.

Etimoloxía

Termo procedente do latín medieval carnelevare ‘véspera de mércores de cinza’ que bebería dun *carne levare ‘absterse da carne’, pero chegaría desde o italiano carnavale.

Exemplos *

“O carnaval, como calquera festa, é, polo tanto, unha forma de falar que nos está transmitindo mensaxes ; o noso intento vai consistir en explicitar a súa sintaxe e a súa semántica.” (Marcial Gondar Portasany: Crítica da razón galega. Entre o nós-mesmos e o nós-outros, 1993)

“En Laza, o domingo de carnaval reparten a bica dos peliqueiros, un dos personaxes máis coñecidos do carnaval galego, na praza do lugar ó remate da misa parroquial; lévana ata alí nun carro chiador tirado por rapaces vestidos con farrapos.” (Fina María Antón e Manuel Mandianes: O ciclo da vida, 1998)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.