carnavalesco, -a

Propio do Carnaval

Etimoloxía

Préstamo procedente do italiano carnevale, que xorde por haploloxía da denominación antiga carnelevare, de carne 'carne' e levare 'quitar'.

Exemplos *

“O denominador común das vilas e aldeas galegas de máis sona entroideira é a pervivencia nelas dalgunhas máscaras, mascaradas ou costumes carnavalescos singulares.” (Federico Cocho: Sermos Galiza, 8-2-2018)

“Cando a resaca carnavalesca regala lucidez, nas últimas horas, as voces entoan as verdades sen envoltorio: "Todo son trampas, o deste mundo", repite o xentío enmascarado e danzante.” (Juan Ordóñez Buela: Galicia Hoxe, 6-3-2011)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.