Parte mol dos animais mamíferos e aves, particularmente a comestible das reses, en oposición á do peixe.
Etimoloxía
A forma en latín era caro, carnis e aplicábase, coma no noso caso, para a carne dos animais e para a da froita.
Exemplos *
“O feito de escolle-lo cocido como comida de irmandade debeuse a que era considerado coma un dos gozos gastronómicos máis importantes do noso país, e que a carne de porco (que non pode faltar) era coñecida máis alá das fronteiras comarcais.” (Mariano García e Fina Casalderrey: Festas gastronómicas de Galicia. Festas, receitas, calendario e puntos de interese turístico)
“Uns días antes de morrer mandara preparar un cocido con xamón, lacón, cachucha e carne fresca.” (Lois Diéguez: A canción do vagamundo)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.