Molusco mariño bivalvo da familia dos venéridos, de cuncha sólida e globosa, valvas simétricas con liñas concéntricas prominentes e provistas de rugosidades descontinuas e cor amarela, gris ou parda, que vive nos fondos de area algo lodosa // Berberecho bravo
Etimoloxía
A voz vén da latina carnarius que se lle aplicaba ao ‘cordeiro de carne’, pero a denominación do molusco crese que é porque a forma da cuncha lembra á la do cordeiro. O nome científico é Venus verrucosa.
Exemplos *
“A ostra e o carneiro ou marolo son dúas especies pouco coñecidas na zona pero que contan con gran futuro, segundo Jorge López Pena.” (Redacción: “Jorge López: "A Xunta non apoia o suficiente a vixilancia contra o furtivismo”, Radio Fusión, 30-1-2019) en https://www.radiofusion.gal/actualidade/novas/xunta-non-apoia-o-suficiente-vixiancia-contra-o-furtivismo [visto 24-9-2024]
“En Panxón chámanlle reló ao carneiro, a Venus verrucosa, de carne máis dura e que adoita aproveitarse para conserva.” (Fausto Galdo: Abecedario das mantenzas, 2012)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.