carneirolo

Molusco mariño bivalvo da familia dos venéridos, de cuncha sólida e globosa, valvas simétricas con liñas concéntricas prominentes e provistas de rugosidades descontinuas e cor amarela, gris ou parda, que vive nos fondos de area algo lodosa

Etimoloxía

Palabra que se crea sobre “carneiro” pola semellanza que ten as engurras da cuncha co vélaro do ruminante.

Exemplos *

“Non lle fixo falla moita comprobación para darlle pasaporte a un náufrago inglés que xa estaba teso, se ata un can preso nalgures xa ventara a morte e non paraba de ouvear. Non se lle podían pechar os ollos e alguén falou de taparllos con cunchas de carneirolos que por alí había.” (Hixinio Puentes: Aguillóns de Ortegal, 2005)

“Chícaro é só na nosa bisbarra. Por iso lle dimos á festa o nome de aquí, como se di en Foz. Sempre se dixo chícaro, excepto en Viveiro e en Ribadeo onde é o carneirolo.” (Yolanda García: La Voz de Galicia, 20-1-2018)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!

Cubre a enquisa aquí