Cero, como cualificación dun exame.
Etimoloxía
Procede do grego karyo 'noz', se ben chegou a nós a través do latín.
Exemplos *
"Ningún mozo de Secundaria poderá ir para casa co temido carolo grazas á orde ministerial que especifica os documentos de avaliación que se van utilizar na LOE." (Galicia Hoxe 2007-03-16)
"… imos adestrar policías iraquís e ímonos facer cargo da seguridade dunha vasta zona en Afganistán, pero aínda non abrandou o corazón de Bush, que segue erre que erre dándolle carolos ó presidente español." (Pilar Cernuda: Galicia Hoxe 2005-02-10)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


