carouxo

Capa fina de cristais de xeo, que se forma ao conxelarse o vapor de auga ou o orballo sobre unha superficie arrefriada a unha temperatura inferior a cero graos

Etimoloxía

Voz da que non se sabe con seguridade a orixe.

Exemplos *

“Sentíame no fondo dun conxelador, triscando coas botas o fino carouxo daquel xélido 28 de febreiro.” (Mabel Rodríguez: La Voz de Galicia, 29-9-2022)

“Un airiño maino depenaba e contaba devagar as follas da mazaira que vixía a horta moribunda, (...) mentres o pillabán do sol asomaba o fociño para ir derretendo o carouxo e facer esbagoar as tristes canas, xa talmente desplumadas, da rexa árbore a piques de aletargar.” (Xosé Antón Jardón: Galicia Confidencial, 12-12-2022)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.