carpaza

Arbusto da familia das ericáceas, que pode alcanzar un metro de altura, de follas perennes e lanceoladas e flores en acio de cor púrpura, rosácea ou branca, do que existen varias especies

Etimoloxía

Pénsase que é un termo de orixe prerromana relacionado coa raíz carr-.

Exemplos *

“Boa parte da masa forestal do Aloia procede actualmente daquelas plantacións de piñeiros (...). Pero podemos atopar tamén especies de sotobosque como o toxo, queiruga (Calluna vulgaris), xesta e carpazas.” (Eduardo Rolland: Gciencia, 28-10-2018)

“Atopaba cochos onde durmían e carreiros por onde camiñaban os pequenos animais montesíos, entre carrasqueiras, toxos arnais, piornos, carpazas e xestas.” (Xosé Fernández Ferreiro: Agosto do 36, 1993)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.