Arbusto silvestre da familia das leguminosas, con moitos ramallos, flores amarelas e unha especie de alas que percorren o talo e que forman en cada nó tres pequenos dentes, ao cal se lle atribúen moitas propiedades medicinais
Etimoloxía
Indicar a súa orixe resulta controvertida, hai lingüistas que dan unha orixe latina e outros árabe.
Exemplos *
“Os meus devanceiros non eran xinetes nin tiñan espadas. Vivían en rompidos, entre fragas peches e vagoadas de carqueixas. Curaban o coxo, mazaban leite, puñan a carne de sal e gardaban unto e cazolos de pingo.” (Carmen Pereiras: Pequenos infinitos/ E se non fora porque é obriga, 2008)
“Pero máis ao fundo, no horizonte, novas siluetas tallaban o resplandor do ceu, montes vermellos de carqueixa, sombreados do negrar dos piñeirais.” (Luísa Villalta: As chaves do tempo, 2001)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.