carraca

Aparello ou máquina vella, avariada ou inútil

Etimoloxía

Palabra que bebe da árabe harraka ‘nave grande’.

Exemplos *

“–Non te preocupes pola carraca, que xa mandarei unha grúa. O sarxento, falador e algo achulado, habería de ser un bo amigo tamén para min, e manteríame ao tanto do que foi ocorrendo con aquela tribo ata moitos anos despois de marchar eu do hospital.” (Ánxel Vázquez de la Cruz: Luz de tebra, 2010)

“Vanse achegando os casteláns ás rochas, (...), estríncanse nas pedras, seguen puxando cara a diante, pescudando unha vía para fuxir ás escuras. Unha metralladora vai con eles, entre pranchas de ferro. Unha carraca vella e única, pero dispara densamente.” (Darío Xohán Cabana: O cervo na torre, 1994)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.