Sensación de aspereza ou de proído na gorxa que se ten cando se está arrefriado e que produce rouquén na voz
Etimoloxía
Palabra de orixe onomatopeica
Exemplos *
“Daquela, os sons dos instrumentos musicais eran substituídos polas toses. Unha sinfonía de carraspeiras de distintos tons, graves, agudas, afónicas, cacarexaban ao mesmo tempo por todo o teatro.” (Mª Xosé Queizán: Ten o seu punto a rosa, 2000)
“E a súa voz ficou afogada polas toses, que agora xa non eran requintadas carraspeiras de ópera senón unha resaca de mar de fondo.” (Manuel Rivas: O lapis do carpinteiro, 1998)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.