carreiro

Liña que divide o cabelo en dúas partes.

Etimoloxía

É un derivado de carro, que procede do latín carrus, –i 'carreta de dúas rodas' que probablemente se tomara do galo.

Exemplos *

"E aí estaba, amañaba cun vestido case de andar pola casa, co seu pelo branco, docemente recollido cun carreiro ó medio, e uns ollos de cinsa, cheos de paz." (José Miguel Giráldez: O Correo Galego 27-10-2001)

"Non me gustou o meu aspecto, fixen un pequeno carreiro no cabelo e peiteeino un pouco cara un lado." (Suso de Toro: Calzados Lola)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.