Persoa que constrúe carros / Persoa que conduce carros
Etimoloxía
Voz derivada sobre “carreta” que, á súa vez, deriva de “carro” que bebe no latín carrum de significado semellante.
Exemplos *
“A vida do carreteiro / non hai vida coma ela:/ á semana no carreto / e ao domingo na taberna.” (Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa, 1973)
“Aí vén a estrela do día, / aí vén o día alumbrante, / levantavos carreteiros / bótalle palla ó ghando.” (Dorothé Schubarth e Antón Santamarina: Cancioneiro popular galego. I Oficios e labores, 1984)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.