carricanta

Insecto da orde dos ortópteros de cor verde ou tirando a verde, duns catro centímetros de longo, ollos saíntes, patas posteriores moi longas e ás moi curtas de cor dourada coas que emite un son

Etimoloxía

De orixe incerta.

Exemplos *

“Falando de comer, gostaba de papar carricolas, besbellos, carricantas e vinlle comer ras e limachas. Era de bo dente.” (Hixinio Puentes: O bandido Casanova, 2000)

“As noites de verán no Grandal estaban cheas de carricantas e vagalumes que poñían a música, unhas, e o son outros, e convertían aquela serenidade cálida nunha festa sen convidados.”(Antón Cortizas: Leonel, 1996)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.