carril

Parte dunha vía pública, estrada etc., destinada á circulación dunha soa ringleira de vehículos

Etimoloxía

Vocábulo que bebe do latín vulgar *carrile, neutro da voz *carrīlis 'relativo ao carro', que remite ao clásico carrus 'carro'.

Exemplos *

“A configuración destas metrópoles permite crear espazos máis "saudables e sostibles" xa que, por exemplo, facilita a mobilidade a curta distancia, xa sexa grazas ás redes de transporte público, os carrís para ciclistas e os percorridos peonís.” (Valentina Raffio: La Opinión – A Coruña, 4-7-2024)

“O Concello de Ames dotou á senda peonil que une o CEIP Agro do Muíño co núcleo urbano de Bertamiráns dun carril bici, que se suma ás obras que tamén se realizaron en dita senda para dotala de iluminación pública.” (Arca: El Correo Galego, 19-3-2022)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.