carrizo

Paxaro da orde dos paseriformes (Troglodytes troglodytes), de pequeno tamaño, cor parda, rabo curto e ás arredondadas.

Etimoloxía

Considérase que procede da denominación latina para o xunco, carex, -icis, que deu no latín vulgar cariceum para o lugar onde abundan estas plantas.

Exemplos *

"E ti, caladiño, que se cadra estás aí, merlo, carrizo, papuxa, pimpín …" (Xavier Lorenzo Tomé: O paxaro que canta un nome)

"… un neno vai deixando un regueiro de faragullas de pan para marca-lo camiño, e os paxaros carrizos e os pimpíns veñen e cómenllas …" (Xosé Miranda: Historia dun paraugas azul)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.