carro

Vehículo de tracción animal destinado ao transporte de moi diversas cargas e materiais, que consta xeralmente de dúas rodas sobre as que vai unha estrutura de táboas rematada nunha cabezalla por onde se une ao xugo para que os animais poidan tirar.

Etimoloxía

Vén do latín carrus, -i, voz de orixe gala.

Exemplos *

“O meu carro é cerna dura: sábese carballo e freixo. ¡Que fermosa a súa feitura! ¡Que lixeireza do eixo!” (Manuel María: Terra Chá)

“Andan os carros cantando na colleita recollendo. E van as medas medrando, os medeiros van revendo.” (Manuel María: Terra Chá)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.