Vehículo automóbil de catro rodas, con carrozaría e caixa abatible, para transportar cargas por lugares de difícil acceso.
Etimoloxía
Deriva de carroza, tomada do italiano carrozza, que en última instancia remite á forma latina carrus -i, de orixe gala.
Exemplos *
“A carroceta dos da madeira fixera varias viaxes naqueles días carretando caixas e mobles.” (Paco Martín: Tres historias para ler á noite)
“Era tempo das cereixas. As da súa propiedade aínda tardarían en madurar. Unha vez que meteu o cadaleito na carroceta, encheu varias cestas de cereixas ao pasar por un lugar onde se daban moi ben.” (Xosé Lois Ripalda: Contos da baiuca)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.