carroucha

Alga pertencente á clase das feofíceas, de consistencia coriácea, grandes dimensións e cor parda escura / Alga pertencente á clase das clorofíceas, que presenta numerosas ramificacións de cor verde e tacto áspero

Etimoloxía

Vocábulo derivado que toma como base a raíz prerromana karr-. Aplícase esta denominación común ás variedades cos seguintes nomes científicos: halidrys siliquosa, cladophora laetevirens e blatta orientalis.

Exemplos *

“As primeiras en faltar foron as correas. (...). A canda estas marcharon outras como as carrouchas, «que antes apañaban as mulleres por terra para poñer a secar e vender á industria farmacéutica para facer medicamentos».” (Redacción: Nós Diario, 1-9-2021)

“O mar tamén era un espazo común, proveía ás casas diversos tipos de algas. Esta biomasa servía para fertilizar as terras ou estaban tamén as "carrouchas de mar”, un tipo de algas que se vendían fóra xa que tiñan usos medicinais.” (Laboratorio Ecosocial do Barbanza: A casa e o común, unha relación simbiótica, https://barbanzaecosocial.org/gl/2020/07/16/a-casa-e-o-comun-unha-relacion-simbiotica/”, [visto 15-3-2024])

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.