Carruaxe con decoración luxosa.
Etimoloxía
Tomámola da voz italiana carrozza, que en última instancia remite á forma latina carrus, -i, de orixe gala.
Exemplos *
"O acróbata foi bater contra a carroza do rei Melchor." (Fernando Cabeza Quiles: Domingo de resurrección)
A cabalgata, que percorreu as principais rúas da zona nova, estivo encabezada pola carroza Fantasía de primavera …" (O Correo Galego 1999-05-14)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.