Calquera vehículo de máis de dúas rodas tirado por animais, en particular o que está destinado ao transporte de persoas.
Etimoloxía
Préstamo do catalán carruatge 'conxunto de carros'.
Exemplos *
"A namorada de Xan era Natalia, a princesa do Daghestán, que chegara ó pazo do barón de Rot nunha carruaxe branca escoltada por un exército de cosacos." (Xabier López López: O caderno)
"A monarca vai lendo ata cando saúda na carruaxe o común que fai ondear bandeiriñas para ela." (Jaureguizar: De luns a venres 26-10-2010)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.