carrupa

Conxunto de follas que recobre a mazaroca ou a espiga doutros cereais

Etimoloxía

Crese que a orixe deste vocábulo localízase nunha raíz prerromana karr-.

Exemplos *

“O día da esfolla séntanse arredor de cada meda varias persoas, con dous cestos no medio de cada dúas para botar, nun, as espigas e, noutro, a carrupa, é dicir, as follas máis finas da carocha que envolve a espiga.” (Manuel Quintáns Suárez: Anuario de tradicións galegas, 1994)

“As refinarías de base lignocelulósica utilizan como materiais de partida biomasa de natureza seca, por exemplo: madeira, palla, carrupas de millo e aínda residuos de papel, cartón etc.” (Alberto de Vega e Pablo Ligero: “Biorrefinarías: o aproveitamento integral da biomasa e dos subprodutos” en Adega Cadernos, 20, 11-2011)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.