carta

Escrito que se envía a alguén, xeralmente dentro dun sobre, para comunicarlle algo.

Etimoloxía

Veu desde o grego, pero chegounos a través do latín charta, -ae 'folla de papiro ou papel'.

Exemplos *

"Sánchez Presedo chegou a dicir nos debates sobre as vías de comunicación que eu "quería enviar unha carta aos Reis Magos"." (Suso de Toro: Camilo Nogueira e outras voces)

"Correos e Telégrafos instalará, a partir do 15 de decembro, caixas de correo especiais nas oficinas principais de tódalas capitais de provincias españolas e grandes cidades, para que os nenos depositen as súas cartas ós Reis Magos." (O Correo Galego 2000-12-08)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.