cartear

Manter correspondencia habitual por carta

Etimoloxía

Vocábulo derivado sobre o termo “carta” que vén do latín charta e procede do grego chártes ‘folla para escribir’.

Exemplos *

“Martin ofreceu tres meses e o enderezo do autor, para se cartear canto quixeran, pero nada de visitas que eran moi caras.” (Xavier Queipo: Papaventos, 2001)

“Foi unha pena que desaparecesen das librarías os manuais de correspondencia epistolar que antes existían, escritas cunha fermosa caligrafía. Había modelos para amigos, para soldados que se querían cartear cos pais, pero os que máis abundaban eran os de amores.” (Bautista Álvarez: Retallos daquela infancia / Prólogo, 2013)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.