Utensilio de material flexible, como o coiro, xeralmente rectangular e de tamaño axeitado para poder ser levada no peto no bolso, con departamentos onde se gardan billetes, documentos etc.
Etimoloxía
Formouse a partir de carta, tomada do latín charta –ae ‘folla para escribir’, de orixe grega.
Exemplos *
“Aínda se levase no peto unha carteira cheíña de cartos ou un Roskof de prata, xa sería outra cousa.” (Hixinio Puentes: O bandido Casanova)
“Saquei a carteira e volvín contar o diñeiro, os caixeiros botan os billetes tan noviños que cando vas pagar ás veces dás dous xuntos.” (Xosé Cid Cabido: Oralmente pola boca)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.