Persoa que reparte o correo.
Etimoloxía
Palabra que se crea sobre o substantivo carta que procede do latín charta, –ae 'folla de papiro para escribir'.
Exemplos *
"Era o carteiro que traía unha carta urxente". (Xoán Fuentes Castro: O pescador de cana)
"A estrañeza do carteiro ante o sorriso de Gloria converteuse en abraio ao meterlle ela unha moeda na man." (Uxía Casal: Vidas exemplares)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.