Panel no que se exhiben anuncios, particularmente dunha representación teatral ou dunha proxección cinematográfica
Etimoloxía
Voz derivada que toma como base de formación o vocábulo “cartel” que procede do occitano cartel e este remite ao italiano cartello ‘aviso público’.
Exemplos *
“O resultado é "Stung" ("Frechazo"), en carteleira nun teatro alternativo de Londres ata o próximo 10 de marzo. A obra mestura pasado, presente e futuro.” (AA.VV.: Galicia Hoxe, 4-3-2007)
“A comedia, que volverá estar mañá na carteleira do teatro, está interpretada nos seus principais papeis por Belén Constenla, quen fai un traballo especialmente complicado ó meterse na pel de dous irmáns xemelgos de distinto sexo” (Ana Iglesias: O Correo Galego, 29-2-1996)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


