Acción e efecto de cartearse
Etimoloxía
Substantivo resultado da redución do verbo “cartear” derivado de “carta”.
Exemplos *
“O carteo entre nenos de centros situados en distintas zonas permitía intercambiar informacións sobre cuestións agrícolas, así como sementes e productos.” (Narciso de Gabriel: Agricultura e escola. Contra a rutina e o éxodo rural, 1989)
“A maioría agardaba pola chegada do parente no que tantas esperanzas puxeran antes de saír e ó que se amarraran desque comezara o carteo cando tomaran a decisión de emigrar.” (Luís Menéndez Villalva: Toda a terra é dos homes. Galegos no mundo, 1993)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.