cárter

Cuberta ríxida que protexe as engrenaxes e outras pezas contra a introdución de corpos estraños.

Etimoloxía

O nome desta peza procede do apelido do enxeñeiro inglés que a inventou, Harrison Carter.

Exemplos *

"… atadas con fíos ou achantadas no cárter do motor, as botellas agardaban o seu destino de feliz contrabando." (Xavier Paz: Follas de bacallau)

"Este modelo de 'fórmula un' estrea un novo motor […] En comparación coa versión anterior, a súa parte alta é totalmente nova, presenta un novo cárter cilíndrico e, ademais, unha nova central electrónica de inxección e central de datos." (O Correo Galego 06-02-1996)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.