cartesianismo

Sistema filosófico de René Descartes que ten como principio fundamental o racionalismo

Etimoloxía

Palabra derivada sobre “cartesiano” que, á súa vez, procede do termo do latín da ciencia Cartesianus, que se forma sobre Cartesius 'Cartesio', que era o nome latinizado de R. Descartes, filósofo e matemático francés.

Exemplos *

“O cartesianismo, non ao mellor Descartes, mais si o edificio que el axudou a alicerzar, confina á muller a un lugar secundario.” (Teresa Moure: Herba moura, 2007)

“Os adversarios do cartesianismo trataron cuestións que non casaban co espírito dos mecanicistas e que amosaron ata que punto as explicacións destes últimos eran incompletas.” (Emilio Valadé del Río: Ernst Mayr: Historia do pensamento biolóxico, 1999)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.