cartolina

Material máis groso ca o papel e máis fino, flexible e de mellor calidade ca o cartón

Etimoloxía

Palabra tomada do italiano cartolina, e esta remite ao latín chartŭla 'folla de papel'.

Exemplos *

“As máis de 30.000 seareiras e seareiros alí congregados levantarán cartolinas para formar un mosaico en apoio aos seus xogadores.” (Héctor Pena: Nós Diario, 8-6-2024)

“Baixo os soportais da praza, unha tenda chea de xoguetes e trebellos de lance que lle chamou moito a atención. Había no escaparate, (...) un perfil de Carlomagno copiado a tinta; e, apoiada na parede, unha figura de cartolina que representaba, con toda a cornamenta, a estampa dun boi asturcón.” (Ramón Loureiro: O corazón portugués, 2000)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.