cartón

Anaco pequeno de cartolina que se usa no fútbol e noutros deportes para indicar distintos castigos segundo a cor que teña.

Etimoloxía

Relaciónase co italiano cartone ou ben co francés carton, aumentativos de 'carta' (do latín charta ‘folla, lámina de papiro’ e este á súa vez do grego khártes).

Exemplos *

“O Compostela recorrerá a expulsión do seu xogador Nacho, sufrida ante o Oviedo por dobre cartón amarelo, ó coidarse que o defensa non foi merecedor do primeiro cartón amosado por Ansuategui Roca, xa que non interviña na xogada que propiciou a amoestación.” (José M. Miramontes: O Correo Galego 14/2/1995)

“Excesivamente nervioso, mellorou no segundo tempo, anque os seus malos xeitos o tiveron ó bordo do cartón máis de unha vez.” (O Correo Galego 19/2/1996)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.