cartulario

Libro manuscrito no que están transcritos os privilexios ou documentos pertencentes a un mosteiro, igrexa etc.

Etimoloxía

Palabra que ten a súa orixe no latín tardío chartularius ‘arquiveiro’ e este, á súa vez, de chartula ‘escritura pública’.

Exemplos *

“A fiabilidade deste fermoso cartulario, posta en dúbida durante algúns anos, é recoñecida na actualidade pola maioría dos especialistas, e nesta nova perspectiva, a ausencia dun documento, lonxe de ser un erro dos scriptores, pode máis ben ser interpretada como unha omisión deliberada.” (Marilar Aleixandre: Tránsito dos gramáticos, 1993)

“Dalgúns deles, dos Escandois primeiros, (...), hai noticias nos cartularios de Caaveiro, porque testaban deixando escrito que se dese terra ós seus corpos na igrexa da colexiata, e facían beneficiarios da súa herdanza ós homes santos que vivían na Fraga do Eume.” (Ramón Loureiro: O corazón portugués, 2000)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.