casa

Construción destinada a vivenda

Etimoloxía

Vocábulo que chega desde o latín casa ‘choza’.

Exemplos *

“Sen facer preguntas, don Reimundo e mais eu puxémonos a organizar o traballo comunitario: todos os mozos empezaron a traballar cóbado con cóbado, en roga, coma cando nas súas freguesías se axudaba a un veciño a construír unha casa.” (Xosé Mª Lema: Costa do Solpor, 2013)

“Era o cambio climático, un cataclismo social. Era preciso facer casa nova.” (Xabier Paz: As vidas de Nito, 2013)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.